venres, 6 de maio de 2016

Última consulta do curso

Pecha o Centro Médico de Asistencia Lectora ata o próximo curso. Este xoves tivemos a última sesión da tempada. Desta vez Àlex e Hadrián, os directores da clínica, fixeron un cambio, decidiron que os doutores serían tres profesores: Adrián, Asun e Carlos, porque posiblemente non volvan a coincidir no colexio.
Coma sempre foi unha sesión moi especial grazas a vós. 
Grazas a todos os pacientes que viñeron á consulta.  
Grazas aos doutores por buscar os mellores remedios.  
E grazas a Àlex e Hadrián por dirixir o CMAL 
durante os dous últimos anos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.