martes, 20 de decembro de 2016

A viaxe de Sara Varela González


Hoxe veu Sara á nosa escola para falarnos da súa vida, que ten moito que ver co proxecto migrANDO.

Sara naceu no 1980 en Vigo.
Estudou paleontoloxía no CUVI (Vigo).
Empezou a traballar e a viaxar aos 24 anos.


A primeira viaxe que fixo foi a Madrid no ano 2004. Alí estivo traballando dous anos no Museo Nacional de Ciencias.
Chegado o momento tivo que facer as maletas e mudarse a Burgos no 2006. Traballou en Atapuerca.
Despois fixo as maletas e volveu a Madrid para acabar a súa tese.
De novo fixo as maletas e foi a Toledo, onde traballou na Universidade. Ofrecéronlle ir á Universidade máis antiga da República Checa (Praga) no 2012 e volveu marchar para alí.
Como  nos contou, Praga é unha cidade moi antiga, con multitude de cousas para visitar. Fai moitos anos, a cidade pertencía á zona do leste e aínda agora nótase esa distancia na xente.
Outra vez fixo as maletas e foise para O Brasil no ano 2014 a unha cidade moi grande que ten máis de 1.000.000 habitantes. Traballou en Goianía.
Volveu facer as maletas e foi a Berlín que é onde agora está traballando, no Museo de Ciencias Naturais onde tamén estivo Albert Enstein durante 30 anos.

Como ela nos contou, fixo moitos amigos aos que tivo que deixar cada vez que se mudaba. Pero segue a manter relacións con eles. 

Iso é o máis importante, os amigos que nunca esquecemos.

Moitas grazas Sara por vir compartir a túa historia con nós!

Escrito polas Axudantes da Bilioteca MARÍA PÉREZ RODRÍGUEZ E PAULA VICENTE DORADO e as fotografías por EVA RODRÍGUEZ SÁNCHEZ.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.