Neste curso puxémonos en contacto co CEIP Plurilingüe Ramón y Cajal (Vigo) porque ten moito que ver co noso proxecto de biblioteca migrANDO.
A idea é facer actividades en conxunto para que o alumnado de ambas escolas se integren e coñezan as diferentes culturas e formas de vida nas que estamos sumerxidos.
Así que comezamos cunha pequena presentación do alumnado de 2º de primaria, con este vídeo.
De paso, coñeceron a oficina de correos do Rosal!
A clase de 2ºEP e a súa titora Gloria están desexando coñecer ao alumnado do CEIP Plurilingüe Ramón y Cajal.
Esperan pronto noticias!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.