Iván, Marcos e Sergio son exalumnos da nosa escola e tamén poetas. Nas últimas semanas do curso puidemos disfrutar dunha exposición de poesías feitas por eles. O seu gusto por este arte comezou fai anos e sírvelles coma ferramenta de expresión sobre as súas experiencias adolescentes, inquedanzas, amores e desamores...
Dende A Quinta dos Libros sentímonos moi orgullosos destos tres rapaces e desexámoslles que sigan escribindo para deleitarnos co seu traballo e achegarnos un pouco máis ao seu mundo.
GRAZAS POR COMPARTILO CONNOSCO...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.