Lamentablemente, a violencia de xénero segue estando moi presente na sociedade en todas as súas formas. Os máis novos son claves para erradicar este problema global, e de aí a importancia de realizar actividades que inviten á reflexión, á empatía e a concienciación social.
Mostrámosvos as actividades elaboradas no centro:
Durante o mes de novembro estase desenvolvendo o taller "Igualando", ofertado polo Concello do Rosal para o alumnado de 3º de ESO. O obxectivo é concienciar da necesidade da igualdade como valor para vivir na sociedade, e provocar no alumnado unha reflexión sobre a falta de igualdade existente en moitos contextos cotiás.
Por que o 25 de novembro é o Día contra a Violencia de Xénero? Alumnos e alumnas de 6º exlplícannolo no seguinte vídeo
"Respecta o meu NON" foi o lema elexido polo alumnado de 2º de ESO B para reflexionar en voz alta, e que se estendeu a todo o colexio.
Guía de libros e películas para reflexionar e concienciar sobre a situación da muller.
Concurso de Haikus ,organizado polo Concello do Rosal, contra a Violencia de Xénero.
Nós aleitadoras, nós conquistadoras,
brillantes activistas da vida cotiá.
E nós que resistimos a séculos de forza,
e nós as matriarcas do país dun tal Breogán...
brillantes activistas da vida cotiá.
E nós que resistimos a séculos de forza,
e nós as matriarcas do país dun tal Breogán...
(Matriarcas, Guadi Galego)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.