martes, 20 de febreiro de 2018

MatDance

Hoxe tivo lugar a primeira das catro sesións de MatDance que vai impartir Mercedes Prieto, profesora de Danza con máster en Ciencias da Educación, na Quinta dos Libros para o alumnado de 3º de Primaria. 

Trátase dun proxecto basado nas conexións creativas que se establecen entre a Matemática e a Danza; unha maneira lúdica de desenvolver os contidos matemáticos a través da expresión corporal. 

Pasárono xenial experimentando fisicamente e traballando en equipo.





E mañá o alumnado de Secundaria xa poderá recoller na biblioteca a entrada para asistir a sesión de cine deste xoves.


"A arte potencia as capacidades intelectuais dos nenos e nenas"
M.J. Roldán

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.