mércores, 11 de abril de 2018

Cóntame un conto

A biblioteca volveu ser testigo de como voluntarias da biblioteca, de 5º e 6º de Primaria, lles contaban un conto aos seus compañeiros/as máis novos/as.
Alba, Claudia Dorna, Claudia Puertas e Jesica de 5º de Primaria, xunto con Ciara de 6º, léronlle e representaron o libro "Mamá va al cole" ao alumnado de 1º de Primaria. 
Un conto que relata o primeiro día de colexio duns nenos e nenas. Unha historia chea de tenrura con moitos momentos de diversión. 

Unha actividade moi importante tanto para os oíntes coma para as lectoras, xa que ambos grupos saen beneficiados. No caso dos primeiros: melloran a atención, comprensión, a súa capacidade de escoita activa... E as segundas, progresan na súa práctica e expresividade lectora.

E en definitiva, comparten momentos de lectura.

Moitas grazas!

"Un libro é un misterio no que se encontra algo que non se buscaba ou que non estaba ao alcance de ninguén"
Inese Zandere

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.