mércores, 18 de abril de 2018

Recén chegados!

Incorporamos ao noso catálogo máis novidades. Os libros xa están na biblioteca, á vosa disposición. Atoparedes obras para todos os gustos.

Se che apaixonan as historias divertidas, Los peores niños del mundo é o libro que estás buscando, xa que conta as trasgadas de dez nenos e nenas nas que non deixarás de rir en ningún momento.

Por outra banda, queremos destacar Pequeñas cosas. Unha novela gráfica sen letras pero chea de luz. Un libro que trata os medos e ansiedades infantís.

Non podía faltar a ciencia nas novas incorporacións. Co libro Conceptos científicos en 30 segundos aprenderás a descubrir o mundo que te rodea.



Para os lectores expertos tamén temos sorpresas.
Por petición popular, incorporamos o best- séller Por trece razones.
Queremos sinalar , ademais, estoutras:
Tinta y fuego, unha novela imprescindible para os amantes do xénero fantástico.
Tú &Yo. Aquí, ahora, un libro que trata sobre as barreiras invisibles que hai entre a amizade e o amor, a importancia de vivir aquí e agora.
George, unha historia tenra e conmovedora. Un libro para aprender a aceptarnos como somos.





E se eres seguidor do superheroe procedente do planeta Krypton, esta é a túa sección. Goza coas aventuras de Superman!



" Se un libro está ben escrito, sempre me parece que é demasiado curto".
Jane Austen

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.