venres, 20 de abril de 2018

The Long and Winding Road

"Largo e sinuoso é o camiño" cantaban os Beatles... e quizais así sexa o percorrido que teñan que facer estas mochilas viaxeiras ata chegar ás casas dos nosos usuarios e usuarias, cargadiñas de libros e películas para toda a familia.
Os fogares encheranse de imaxinación e historias que contar.
 <<Cando era pequeno, miña nai sempre me dicía que a felicidade era a clave para a vida. Cando fun á escola, preguntáronme que quería ser de maior, escribín "feliz". Dixéronme que eu non entendía a pregunta. Eu contesteilles que non entendían a vida>>.
John Lennon

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.