mércores, 25 de abril de 2018

Xornada de formación en radio

Hoxe tivemos unha xornada de formación en radio para alumnado voluntario de 3º da ESO.

Despois de xantar xuntos, fixemos unhas prácticas de elaboración de entrevistas na biblioteca.


Logo fomos á radio, onde fixemos cinco programas co que traballamos. Quedaron xenial! Algúns alumnos/as adentráronse no mundo técnico con notable éxito. 

Os programas xa están colgados, listos para ser escoitados!


Parabéns a todos/as os participantes que recbiron un diploma acreditativo da formación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.