Hoxe a nosa biblioteca, converteuse na máis moderna da zona. Con motivo do mes da ciencia, o Departamento de Tecnoloxía fixo un obradoiro de Robótica e Impresión 3D. 
Foi todo un éxito entre o alumnado, xa que puideron experimentar cos robots e ver como se fai unha imprensión 3D. 
Moitas grazas Pablo, pola demostración. 
Ademais, o alumnado de 6°B de primaria gozou do areeiro virtual, co que podemos estudar o relevo, do que xa vos falamos nunha entrada anterior. 
Moitas grazas Ramón!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.