venres, 31 de maio de 2019

Éxito do Grape Club

Un ano máis, o Grape Club, non defraudou e a súa apertura foi un éxito. 
Houbo música en directo, poesía, humor...  e o máis importante, diversión!
No seguinte vídeo tedes unha mostra do que vos perdestes se non acudistes á cita. Lembra, para o ano...  non a perdas!

Parabéns a tod@s @s artistas convidados nesta data, que fixeron que pasaramos unha tarde tan agradable. 
Moitas grazas tamén aos mestres colaboradores e organizadores Fernando, Sonia, Loli, Helena, Tomás e Bea! Que sempre poñen todo da súa parte neste evento.

Vémonos na seguinte sesión do Grape Club!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.