Como primeira actividade, nesta semana da biblioteca, proxectamos no recreo a curtametraxe titulada "Os fantásticos libros voadores do Sr. Morris Lessmore".
É unha curtametraxe de animación americana, gañadora do Óscar á mellor curta en 2011. Está codirixido por William Joyce e Brandon Oldenburg.
Está inspirada en Buster Keaton, O Mago de Oz e o Amor polos libros. Trátase dunha historia sobre xente que adica a súa vida á lectura e sobre os beneficios que se obteñen dela.
Tivemos moita afluencia de público durante a proxección.
Por se non puideches pasarte pola biblio neste recreo, podedes pinchar neste enlace para velo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.