martes, 28 de abril de 2020

CONCURSO! O CADÁVER EXQUISITO: XOGUEMOS A IMPROVISAR

 O cadáver exquisito é un xogo en grupo de orixe literaria que consiste en que cada persoa escriba unha palabra, unha frase, faga un debuxo ou unha colaxe, sen ver a totalidade do escrito ou deseñado polo xogador anterior. 

A técnica introduce o automatismo e o azar no proceso creativo. Facelos é sinxelo (PODEDES VER O VÍDEO ANTERIOR): 
  • Nun papel, un dos participantes debe anotar una palabra,unha frase sinxela, un debuxo, unha colaxe ou unha mestura de todos eles. 
  • A continuación, esa parte é ocultada mediante un pequeno dobramento e outra persoa continúa a frase sen saber o que fixo a anterior, ou podendo ver só o final do que escribiu o xogador anterior.
  • Así ata rematar o papel.
  • Podedes colorealo mentres o facedes, ou todo xunto ao final.


DESDE O COLE PROPOÑEMOS UN NOVO CONCURSO UTILIZANDO ESTA TÉCNICA.


UN ANACO DE HISTORIA DESTA TÉCNICA:
Foi unha técnica popularizada polos surrealistas nos anos 20 do século pasado, baseado nun antigo xogo de mesa chamado consecuencias. O nome deriva da frase que xurdiu a primeira vez que se xogou (foron os artistas Robert Desnos, André Bretón e Tristán Tzara): “Le cadavre – exquis – boira – le vin – nouveau” (O cadáver exquisito beberá o viño novo).
A idea de que a historia da arte non é mais ca unha continua reelaboración de dous ou tres temas fundamentais (que son para o poeta Juan Rulfo o amor, a vida e a morte) é a base do cadáver exquisito: toda creación é, segundo esta tese, nada máis que pequenos fragmentos dunha grande obra colectiva, que facemos coa ilusión da individualidade. 
Os primeiros cadáveres foron feitos na escrita, pero pronto se estenderon a outros ámbitos. No debuxo fánse imaxes alucinantes, figuras imposibles, froito da ensamblaxe das diferentes imaxinacións, como o feito en 1928 por Man Ray, Yves Tanguy, Joan Miró e Max Morise, (asemellan as figuras que pululan polo Xardín das delicias, do Bosco).
Pódese practicar mandando por correo un debuxo ou unha colaxe aos xogadores, por etapas progresivas, ou cadáver exquisito por correo (aparentemente, sen importar se o xogo realmente viaxa por vía postal ou non).
O cineasta Apichatpong Weerasethakul fai un experimento cinematográfico inspirado neste xogo: Mysterious Object at Noon (en película de 16mm, a rodaxe desenvólvese durante tres anos en distintos lugares de Tailandia no 2000, https://vimeo.com/22927897.
E mirade que actividade divertida de cibercadáver exquisito atopei buscando exemplos na rede: https://cadernodelingua.wordpress.com/2008/05/24/alguns-cibercadaveres-exquisitos/

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.