Hoxe temos a sorte de presentar unha exposición de José Valentín.
É un artista de Betanzos, avó dos nosos alumnos Tomás, de 5º EP, e Manolo, de 3º ESO.
Tamén é pai do profe Xosé Tomás.
José Valentín traballou no CIEC (Centro Internacional de Estampa Contemporánea). Alí entrou en contacto co seu director e amigo, o gravador Jesús Núñez.
Iniciou unha carreira de produción propia e levou a cabo numerosas exposicións en diversos puntos de Galicia, Portugal e Alemaña.
Tamén é poeta. Escribiu, xunto con Luz Pozo, "Deter o día cunha flor". Así mesmo, publicou outro poemario ilustrado coa poeta Olga Patiño Nogueira, "Atmosferas".
Foi convidado pola Casa de España en París e a súa obra xa está presente nos fondos do Museo do CIEC.
A súa xilografía foi seleccionada na IX Bienal de Pintura Balconadas e na X Edición foi galardoado co premio popular. Elixiron a súa obra para o premio Máximo Ramos de Ferrol.
José Valentín é un artista moi relevante. Grazas por deixar que a túa obra chegue ao alumnado do CPI nestes momentos tan complicados!
Es moi xeneroso!
Esperamos que gocedes desta beleza!
Presentamos na montaxe a Exposición que se celebraría no mes de maio en Betanzos, pero que quedou anulada polas circunstancias.
GRAZAS!

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.