O equipo de Dinamización Lingüística do CPI Manuel Suárez Marquier organizou, co gallo da celebración da Semana das Letras, o concurso fotográfico "Un libro, unha inspiración"
A resposta do alumnado foi excepcional, a calidade das dezasete fotografías que chegaron para cada unha das categorías, excelente. Unha marabilla cada unha delas. Por esa razón a escolla dos premiados e premiadas estivo tan disputada que mesmo optamos por premiar ex aequo dúas fotografías da categoría 1º e 2º da ESO e outras dúas na categoría de 3º e 4º da ESO.
Os nomes das gañadoras e gañadores son:
Categoría:1º e 2º ESO (ex aequo)
Pablo Rodríguez Otero - 1º ESO B
Soraia Iglesias Silva - 2º ESO B
Categoría:3º e 4º ESO (ex aequo)
Alba Fernández Acevedo - 4º ESO C
Laura Martínez Pérez - 4º ESO C
Categoría: "A Quinta do Minho"
Araceli Rodríguez Maceiras - 3º ESO B
Debido á situación de excepcionalidade que estamos a vivir, os premios serán entregados no mes de setembro, sempre que as condicións sanitarias o permitan.
Parabéns a todas e todos!!!
Viva o galego e a creatividade!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.