martes, 19 de maio de 2020

Unha palabra para don Ricardo! Orador.

Hoxe está connosco Antón Santamarina, lingüista galego, catedrático de filoloxía románica na USC e membro da RAG. É un experto en lexicografía recoñecido internacionalmente. Antón Santamarina define a Ricardo Carvalho Calero como un orador excepcional. O académico lembra o discurso que o protagonista do Día das Letras Galegas 2020 pronunciou en 1963 na primeira celebración desta festa, dedicada a Rosalía.
A palabra que escolleu foi: Orador.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.