Como sabedes, este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Ricardo Carvalho Calero.Para coñecérmolo un pouquiño máis imos tomar prestada a sección titulada:Unha palabra para Don Ricardo, da RAG, que estará activa durante esta semana de celebración.
Nela, destacados membros da RAG falan durante un breve tempo de aspectos destacados da súa vida.
Hoxe comezamos con Gonzalo Navaza, escritor, tradutor, estudoso da nosa toponimia, actor de teatro e profesor de galego titular da Universidade de Vigo. Escolleu para don Ricardo a palabra: Requintado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.