Este ano a Formación Externa da Radio correu a cargo de Charo Pita. Durante todo o confinamento pouidemos gozar de varias das súas producións, que utilizamos para a nosa hora de ler, e dun pequeno obradoiro para pais e nais sobre oralidade e lectura en voz alta.
Como non foi posible realizar as sesións de formación de xeito presencial, Charo fíxonos cinco titoriais que serviron para traballar co voluntariado. Rematamos a experiencia cunha videoconferencia na que participaron os voluntarios da Radio de 3º ESO, coordinados pola profe María Oca.
Grazas a Manuel, María, Marta, Noela e Eva!
A nosa idea é seguir utilizando ese material para os novos membros da Radio e realizar máis postas en común ao longo do vindeiro curso.
Grazas a Manuel, María, Marta, Noela e Eva!
A nosa idea é seguir utilizando ese material para os novos membros da Radio e realizar máis postas en común ao longo do vindeiro curso.
Estamos moi contentos-as coa experiencia.
Grazas, Charo por axudar a que a nosa formación puidera saír adiante, independentemente da situación sanitaria que estamos a vivir.
Rematamos así a actividade da nosa Radio "A Voz da Mata"
Ata a volta das vacacións!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.