O Club de Cine de Adultos pecha este curso co visionado dunha nova curta.
Unha produción mexicana. Nestes tempos de crise económica pola Pandemia do Covid-19 presentamos unha curta de Antonio Galicia, Guan Jondred Dollar. É un relato curioso e divertido no que se nos conta a historia de 100 dólares a dar voltas por unha comunidade mexicana chea de tópicos e picardía.
Tal e como se especifica nos créditos da curta, a historia está baseada nunha metáfora que utilizan as escolas de finanzas para exemplificar a activación da economía partindo do crédito. Esta curta vai máis alá e cuestiona se é precisa a banca para que os cartos circulen.

Chegamos así ao final deste curso.
Fixemos un programa sobre esta curta na Voz da Mata.
Se queredes escoitalo visitade a nosa canle de IVOOX!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.