Hoxe visitou A Voz da Mata a Xefa de Estudos da ESO. Foi unha entrevista moi importante porque Ana, ademais de desempeñar este cargo, dá clase de Lingua Galega, está en moitos equipos do centro e participa en moitísimas actividades.
É unha muller moi activa, encántalle facer e probar cousas novas. O seu soño sería ser cantante ou actriz e ten unha familia moi unida!
Contounos todas estas cousas na Radio. Soraya e India, de 3ºESO, fixéronlle unha entrevista estupenda que podedes escoitar completa na nosa canle de IVOOX ou premendo AQUÍ.
Neste vídeo tedes unha mostra do paso de Ana polo noso Proxecto.
Moitísimas grazas Ana pola túa xenerosidade... Ata recitou poesía!
Grazas, Soraya e India!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.