Hoxe estivo na Voz da Mata a profe Estela. Este é o seu primeiro ano no CPI.
Estivo participando no Proxecto "Sen máscaras", acompañada por Nico e David de 1º ESO.
Contounos moitas cousas. Ser nai para ela foi algo moi especial e está moi contenta de estar no noso cole. Estudou Antropoloxía na Complutense de Madrid, e está moi orgullosa porque traballou para poder pagar eses estudos.
Se queredes escoitar a entrevista completa, visitade a nosa canle de IVOOX ou premede AQUÍ.
Neste vídeo tedes un adianto da súa entrevista.
Grazas, Estela, por participar neste proxecto!
Grazas a Nico e David por ser tan bos entrevistadores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.