martes, 24 de novembro de 2020

Lola "Sen máscaras"

 Hoxe tivemos na Voz da Mata a Lola, a coordinadora da Radio do CPI.


 

 Foi entrevistada por Adán, de 3º ESO, un voluntario da radio moi activo que sempre participou nesta actividade,  xa dende os seus comezos.

 Lola falounos da súa procedencia levantina, de que lle gusta moito a ambientación das películas, que goza coa música de Rozalén e de que lle encantan as festas!

 Se queredes escoitar a entrevista completa visitade a nosa canle de IVOOX ou premede AQUÍ.

 Podedes ver un anaquiño da entrevista no seguinte vídeo.


Grazas a Adán e a Lola por esta entrevista!

E tamén a Alba, de 3º ESO por ser unha reporteira gráfica boísima!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.