mércores, 18 de novembro de 2020

Nieves "Sen máscaras"

 Na Voz da Mata sempre contamos coa colaboración de Nieves, ela traballa no noso cole como limpiadora. Participou no noso Proxecto "Sen máscaras" cunha entrevista moi interesante.

Coas súas compañeiras están facendo todo o posible para que estea todo en perfecto estado. Temos que estar por agradecidos-as polo seu traballo, é moi importante sempre, pero neste momento aínda máis.



Estivo acompañada polas profes Bea e Lola do equipo da Radio.

Contounos moitas cousas sobre o mundo da música xa que ela toca a frauta traveseira e é membro da Banda do Rosal.

É unha gran lectora e tamén falamos de libros con ela!

Grazas Nieves por participar e colaborar sempre. É un pracer contar contigo.

Se queredes escoitar a entrevista completa visitade a nosa canle de IVOOX ou premede AQUÍ.

No seguinte vídeo podedes ver un pouquiño da entrevista de Nieves.


 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.