Comezamos coa serie de entrevistas realizadas, ao profesorado e ao alumnado de 4º ESO, polo alumnado PMAR, coordinado pola profe Lourdes.
A nosa radio é unha canle de comunicación marabillosa para saber cousas novas.
No seu proxecto, e dentro do PDI "A Quinta vai á moda", o alumnado de PMAR quere saber como elixen a súa roupa, que tendencias seguen, se as-os influencers teñen que ver nas súas escollas de roupa, se a moda é ou pode ser sostible...
Se queredes saber como vive a moda a profe Amalia visita a nosa canle de IVOOX, a Aula Virtual ou premede AQUÍ. Comezamos con ela!
Neste vídeo tedes un adianto da entrevista.
As nosas entrevistadoras foron Mónica e Nerea.
Grazas a Amalia pola colaboración e a Nerea e Mónica por un traballo estupendo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.