mércores, 7 de abril de 2021

Programa conxunto Radio Burela-Proxecto Neo e A Voz da Mata!

 Esta tarde tivemos a inmensa ledicia de facer un programa de radio en directo co IES Perdouro de Burela, no marco do seu Proxecto Neo en Radio Burela.

Tivemos no CPI o gran pracer de contar con Ánxela Fernández (alcaldesa do Rosal), Javier Alonso (director da Banda do Rosal), Nieves Álvarez (compañeira do CPI) e José Manuel Vicente (membro fundador da Banda)

Do noso alumnado contamos coa participación de Noa, María, Andrés, Amanda e Rubén! Uns magníficos representantes da Banda e do centro.

 Todo o alumnado de Secundaria escoitou en directo o programa nas súas aulas.

 

Ao outro lado das ondas radiofónicas os nosos compañeiros-as de Burela!

O programa foi un monográfico da Agrupación Musical do Rosal

Foi un programa interesantísimo no que a música e a cultura foron as protagonistas!

  Se queredes escoitar o programa completo premede AQUÍ

Como adianto deixamos aquí estes vídeos das colaboracións dos convidados-as no programa.








 Grazas a toda a Comunidade Educativa, aos participantes e, especialmente, a Bernardo, Karina e o seu equipo de Burela!

 Grazas a todos-as por facer que non haxa distancias entre dúas comunidades educativas que teñen un mesmo obxectivo, educar a través das ondas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.