Hoxe contamos, na Quinta e na Voz da Mata, coa visita do correspondente de guerra Jorge Melgarejo!
Pasou a xornada con nós e tivo dous encontros.
O primeiro deles foi co alumnado de 6º EP de Relixión, xa que están traballando o tema de Afganistan coa profe Chus.
Contextualizaron o tema partindo da película "O pan da guerra" e como complemento falaron con Jorge da vida dos nenos-as neste país, das orixes do conflito e da guerra. Sen dúbida, un tema de actualidade que todos-as debemos coñecer.
O segundo foi co alumnado de 4º ESO, no marco dos contidos que o profe Carlos está a traballar con eles, co fin de coñecer a Historia contemporánea e actual.
A visita completouse cunha estupenda entrevista na Voz da Mata. Se queres escoitala preme AQUÍ.
Na foto Paula Pereira Barreiro, alumna de 6º EP, durante a entrevista a Jorge Melgarejo.
Aquí tedes un pequeno adianto!
No seguinte vídeo podedes ver un resumo deste marabilloso día.
Todo un luxo para o noso CPI!
Moitas grazas a Chus por organizar a actividade, e a todos-as os alumnos-as e profesorado colaborador.
Grazas a Jorge Melgarejo por ser tan xeneroso con nós!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.