Hoxe estivo na Voz da Mata a profe Tere. Ela leva moitos anos no noso centro e, neste curso, é titora de 4º EP.
Tere participou no noso Proxecto "Sen máscaras" sendo entrevistada por Sara e Alejandro.
Contounos moitas cousas. É de Pontevedra e ten tres fillos: Manuel, Noa e Cibrán.
Encántalle ler e un dos seus libros favoritos é "Cien años de Soledad".
A súa película favorita é "Stand by me" de 1986.
Adoita escoitar moita música e, nos últimos tempos, goza coa que lle gusta a súa filla, como por exemplo a do grupo "Marea"
Se queredes escoitar a entrevista completa premede AQUÍ.
No seguinte vídeo tedes un pequeno adianto do que foi esta experiencia con Tere, Sara e Alejandro.
Grazas Tere por unha entrevista estupenda!
Grazas a Sara e a Alejandro por ser uns reporteiros marabillosos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.