domingo, 13 de febreiro de 2022

Día Mundial da Radio!

 Hoxe, 13 de febreiro, festexamos o Día Mundial da Radio!

Este ano participamos, para celebralo, en dous proxectos estupendos.


Colaboramos coa Rede Espora nun programa especial no que se fala da necesidade de contrastar as informacións e do rigor xornalístico.

Representáronnos Noé, Ángela e Antía de 4º ESO!

 Podedes escoitar a nosa participación premendo AQUÍ.

Tamén colaboramos con Ponte nas Ondas falando dun ben inmaterial moi importante para nós: os Muíños do Folón e  Picón. 


Paula, Iria, Marco e Miguel, de 5º B EP, fixéronse cargo desta representación! 

 Podedes escoitar a nosa participación na páxina web de Ponte nas Ondas ou premendo AQUÍ.

E para pór un broche final a esta xornada festiva e tan importante para A Voz da Mata, presentamos o 1º Programa do Club de comic "O puño e a letra" no que Sabela Adrover, Sabela Rodríguez e Danae de 3º ESO B, fan unha análise do mundo Manga impresionante a través dunha lectura que lles encantou.


Se tedes curiosidade por descubrir de que falaron preme AQUÍ


Grazas a todos-as os-as participantes nesta celebración por un traballo marabilloso!

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.