venres, 10 de xuño de 2011

Visita de Carlos Negro ao Rosal



O venres, 10 de xuño recibimos a visita de Carlos Negro á nosa Biblioteca. Falounos de moitas cousas que tiñan relación co seu libro: coches, mortes nas estradas, mozos malotes, velocidade... Incluso trouxo unha colección de mini-coches que nos axudaron a entender o seu poemario.
Leunos poemas do seu libro Makinaria, agasallounos cun pequeno verso de amor a cada un de nós e rematou coa lectura en voz alta do fermoso conto Frederik, o intelixente ratiño que todos coñecemos dende hai algún tempo.
Carlos Negro tamén levou un agasallo noso, xa que algúns rapaces e rapazas rapearon o poema Sound Play Session Vol. 2 e crearon un baile para el que lle gustou moito.
A súa visita axudounos a entender mellor a poesía. Decatámonos de que non é igual ler poemas que escoitalos da boca do seu autor. 
Ademais, antes de marchar asinounos os seus libros.
Esperamos que volva pronto, xa que quedamos moi contentos coa súa visita.

5 comentarios:

  1. Adán 3ºB13 xuño, 2011

    Un bo acto que ademais nos leva a perder clase, pero pagoua a pena

    (Estás tan guapa que me da vergonza estar contigo)

    ResponderEliminar
  2. un bo rato que nos fixo pasar ainda que preferiamos alguns que regalara os coches pero estivo ben

    ResponderEliminar
  3. Gustoume moito,fixonos pasar un bo rato e o que atopei divertido foi o agasallo.

    ResponderEliminar
  4. a min gustóume moito a visita de Carlos Negro é a primeira vez que coñezo a un escritor en persoa.espero que haxa moitas máis actividades coma esta.
    Sandra.

    ResponderEliminar
  5. Oxalá veñan máis veces escritores coma este a facernos pasar un bó rato...:)

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.