xoves, 20 de outubro de 2011

Xa temos aquí as MOCHILAS VIAXEIRAS!!

Neste curso as mochilas non veñen soas. Chegaron cunhas rodiñas incorporadas para que as poidades transportar con maior comodidade. Que ben!!  Así seravos máis doado levalas En realidade, isto é só para os de primaria, porque os nenos e nenas do segundo andar, xa facedes exercicio subindo e baixando escaleiras e non precisades axuda, non si??

A primeira quenda sairá mañá, venres, 21 de outubro e os afortunados van ser seis nenos de 1º curso de primaria debido a que como é o primeiro ano que están aquí ímoslles dar preferencia. Xa vos iremos informando de como segue o reparto. Ata a próxima.

Correde, correde polas mochilas, que se van!!


2 comentarios:

  1. Ainhoa Álvarez24 outubro, 2011

    Espero que me toquen libros interesantes :)

    ResponderEliminar
  2. Pois seguro que tes sorte. Non só che van tocar libros interesantes, tamén pelis, música.... e unha pilla de cousas máis!!!!!!

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.