venres, 27 de abril de 2012

Día de libros e de flores

Así rematamos esta semana, regalando libros e flores. Comeza a conta atrás para os nosos compañeiros de 4º da ESO... Dentro de dous meses marcharán do centro.


Por iso, son eles os elexidos para participar nesta actividade. Alumnos e profesores descubrimos esta mañá o agasallo do noso amigo invisible.  Grazas a todos pola vosa participación!

Agora a gozar coas novas lecturas!

4 comentarios:

  1. Elena (Sociais)27 abril, 2012

    Quero dar as grazas ao meu/miña amigo/a invisible. Vai conseguir que pase bos momentos disfrutando da lectura. Si se quere dar a coñecer...

    ResponderEliminar
  2. Eu tamén estou intrigada... Grazas amigo ou amiga polo teu agasallo.

    ResponderEliminar
  3. Eu xa sei quen me fixo o agasallo, acertou cen por cen, estou encantada co libro.Disculpas por non estar no recreo, tiña garda de patio...Grazas polo libro e polo detalliño da flor...moi chulo todo.

    ResponderEliminar
  4. Amora morada27 abril, 2012

    Encantoume o agasallo do amig@ invisíbel. Nesta fin de semana non vou parar de ler e gozar con esta estupenda lectura. Como me gustan estas actividades da Biblioteca. Que sigan, que sigan!!!

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.