Este curso estamos a traballar sobre o noso concello. Un dos aspectos en que nos imos deter é o deporte, dada a importancia que ten no Rosal e no noso centro. Por iso non queriamos deixar esta ocasión sen darlle a palabra a un campión, Gabriel Marcelli, alumno de 1º da ESO. Os seus compañeiros foron os encargados de facerlle unha entrevista acompañados polo profesor de educación física. Aquí tedes o resultado.
O deportista rosaleiro Gabriel Marcelli, de tan só
12 anos de idade, vén de proclamarse o pasado 7 de Outubro de 2012
Campión de España na Categoría Xuvenil de Trial en 125cc na última
proba do campionato realizada en Madrid.
Ademais o vindeiro 28 de Novembro podería
proclamarse tamén Campión Galego de Trial na Categoría Junior,
onde compite con adversarios de entre 16 e 29 anos de idade, tendo
unha vantaxe de 10ptos sobre o segundo clasificado.
Gabriel Marcelli complementa os seus estudos
académicos (actualmente cursa 1º de ESO) cos adestramentos, que na
tempada de verán realízanse unhas 3 ou 4 veces á semana e no
inverno os fíns de semana.
1. Como foi o resultado final da proba junior
de Madrid?
Gañei a proba final de Madrid onde antes de
empezar tiña 2 puntos de diferenza co segundo clasificado, un rapaz
catalán, Oriol Pi de 13 anos.
2. Sabemos que no campionato galego junior vas moi ben clasificado. É así?
Si, vou primeiro con 10 puntos sobre o
segundo e quedando terceiro na derradeira proba serei campión galego
junior.
3. Quen é o teu ídolo?
En Galicia é Jorge Casares e en España o
catalán Toni Bou e Albert Cabestany
4. Qué moto tes?
Teño dous, unha gas gas de trial e unha
kawasaki de enduro.
5. Quen te animou a empezar no trial?
Kike Mato, un corredor de enduro, que é de Vigo e ás veces vén ao Rosal.
Parabéns, Adrián, por este triunfo. Grazas e moita sorte nas seguintes competicións.
Parabéns, Adrián, por este triunfo. Grazas e moita sorte nas seguintes competicións.
Parabéns por ese premio, Gabriel!
ResponderEliminar