Hoxe é un día
para reflexionar. Para deternos e pensar que estamos a facer mal. Só temos que botarlle
unha ollada ás noticias para descubrir que a nosa vida está contaxiada pola desigualdade e pola
violencia. Este é o mes da igualdade, da defensa dos dereitos dos nenos e das nenas, o mes das mulleres, o mes dos seres máis débiles que sofren en silencio.
Ti cres que todos somos iguais? Aquí tes a resposta, neste videoclip que gañou o primeiro concurso de videoclips "Ciudadanía e Dereitos" da Unión Europea en maio 2012.
Nesta reflexión deberiamos facernos outra pregunta: Qué é a violencia? Quen se atreve a responder?
O día 20 de novembro está dedicado á infancia, aos pequenos que carecen de dereitos; e hoxe ás mulleres que son vítimas da violencia de xénero. Ás veces estas dúas lacras únense nuha mesma persoa.
![]() |
Para coñecer mellor a historia de Malala preme aquí. |
E que podemos facer nós? Intentar que isto cambie. Ver o mundo con outros ollos e facer que mereza a pena formar parte del. A lectura axúdaranos neste camiño, porque nos fai máis libres e máis iguais. Achégate a Quinta é descubre as historias que esta semana están agardando por ti.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.