martes, 20 de novembro de 2012

A busca do tesouro

Gustaríavos coñecer mellor o voso concello? A quen non lle importaría aprender xogando? Iso foi o que fixeron os vosos compañeiros de e 6º de primaria e de 1º de ESO o luns pola tarde.
 
O colexio converteuse nun gran xogo que comezaba e remataba na biblioteca. Descubriron quen son algúns dos persoeiros do Rosal. Aprenderon a traducir o cabaqueiro, a buscar información... Pero tamén gozaron co xogo e descubiron o tesouro que estaba agardando por eles. Parabéns aos gañadores e a todos os que participástedes nesta busca do tesouro!

3 comentarios:

  1. Todos aprendemos un pouco máis sobre o Rosal e pasamos un bo rato.

    Grazas a Elena e a Ana por deseñar este xogo. Un gran traballo!

    ResponderEliminar
  2. Os nenos-as disfrutaron un montón e eu tamén vendo o ben que o pasaban.
    Propoño facer unha actividade destas para profes...
    Parabéns pola actividade, foi moi divertida!

    ResponderEliminar
  3. Elena (sociais)20 novembro, 2012

    Asun encantoume a presentación, reflicte moi ben o desenvolvemento do xogo e os mellores momentos que vivimos.
    Andrés as fotos moi boas, quedas contratado para futuras actividades.
    Grazas a profes e alumnos por colaborar e participar.

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.