Gustaríavos coñecer mellor o voso concello? A quen non lle importaría aprender xogando? Iso foi o que fixeron os vosos compañeiros de 5º e 6º de primaria e de 1º de ESO o luns pola tarde.
O colexio converteuse nun gran xogo que comezaba e remataba na biblioteca. Descubriron quen son algúns dos persoeiros do Rosal. Aprenderon a traducir o cabaqueiro, a buscar información... Pero tamén gozaron co xogo e descubiron o tesouro que estaba agardando por eles. Parabéns aos gañadores e a todos os que participástedes nesta busca do tesouro!
Todos aprendemos un pouco máis sobre o Rosal e pasamos un bo rato.
ResponderEliminarGrazas a Elena e a Ana por deseñar este xogo. Un gran traballo!
Os nenos-as disfrutaron un montón e eu tamén vendo o ben que o pasaban.
ResponderEliminarPropoño facer unha actividade destas para profes...
Parabéns pola actividade, foi moi divertida!
Asun encantoume a presentación, reflicte moi ben o desenvolvemento do xogo e os mellores momentos que vivimos.
ResponderEliminarAndrés as fotos moi boas, quedas contratado para futuras actividades.
Grazas a profes e alumnos por colaborar e participar.