martes, 27 de novembro de 2012

Unha lección de historia

Onte inauguramos un ciclo de conferencias sobre o noso concello. Temos a sorte de contar con rosaleiros que virán ao centro a falarnos de historia, de música, de tradicións, de antigas profesións...
Unha das pesoas que mellor coñece a historia do Rosal, Xoán Martínez Tamuxe, achegouse onte á biblioteca para falarlles aos compañeiros de 1º da ESO dos petróglifos. Eles están a traballar a historia do concello a través da pedra no seu proxecto interdisciplinar.

David de 1ºA da ESO foi o encargado de facer unha breve presentación deste rosaleiro:
A súa traxectoria comezou con estudos de Teoloxía, aínda que despois a súa vida encamiñouse por outros derroteiros: estudou Historia en Santiago de Compostela, e a partir de aí deu renda solta á súa auténtica vocación: a investigación, a arqueoloxía... Escribiu moitos libros relacionados con estes temas, colaborou en moitos xornais galegos, na radio, en revistas de investigación, de museos de Pontevedra, foi Encargado- garda do conxunto histórico de Santa Trega e conservador do Museo Arqueolóxico.
Dende 1987 dirixe o Boletín informativo Municipal do Rosal, así como a Memoria da Festa do Cabaqueiro.

Son moitos os momentos que se poden rescatar desta conferencia pero quedámonos co principio. Tamuxe fíxonos unha reflexión sobre a importancia de coñecer o noso entorno. As súas palabras parecen a xustificación do noso proxecto.



3 comentarios:

  1. Grazas a Xoán Martínez Tamuxe por darnos esta lección de historia na nosa Quinta e descubrinos as pegadas prehistóricas que temos no noso concello.

    ResponderEliminar
  2. Anas de 1º B28 novembro, 2012

    Ás Anas de 1ºB da ESO pareceunos qu a conferencia de Xoan Martínez Tamuxe estivo moi entretida e interesante.

    ResponderEliminar
  3. A conferencia de Xoan Martínez Tamuxe pareceume moi interesante e tamén aprendemos algo mais sobre os petróglifos do Rosal

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.