domingo, 13 de xaneiro de 2013

A flor máis grande do mundo

Hai historias que desprenden tenrura cando as lemos ou escoitamos, relatos que nos agasallan tesouros cando os coñecemos. Ás veces durmen agochados nos libros pero outras combínanse á perfección coa música e a imaxe nas curtas e nos vídeos. 

 
Juan Pablo Etcheberrey realizou e dirixiu esta curtametraxe baseada no único conto para nenos que escribiu o escritor portugués José Saramago. A flor máis grande do mundo convídanos a pensar sobre as cousas máis sinxelas da vida e que ás veces deixamos escapar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.