xoves, 10 de xaneiro de 2013

Apadriñamentos


Despois da primeira visita dos padriños-lectores os afillados estaban expectantes agardando que volvesen para que lle leran o conto.
No tempo de espera fixéronlles uns fermosos agasallos para que tiveran unha boa lembranza dese día. Eran uns marcapáxinas para que sinalasen nos libros o que máis lles gusta. Algúns ata estaban personalizados co nome do seu padriño  ou madriña.


O día 20 de decembro apareceron por sorpresa os padriños-lectores. Levaron os seus afillados a distintos recunchiños da escola para lerlles e seu conto. Aquí vedes algúns deles compartindo a súa lectura.
Ao final fixemos unha foto conxunta de todos. Que contentos estaban!!!! Proximamente haberá máis novas. Estade atentos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.