domingo, 27 de outubro de 2013

Primeira consulta do CMAL

A primeira consulta do CMAL foi todo un éxito. Os tres doutores estiveron á altura do cargo. Durante os días previos seleccionaron as lecturas que eles querían "receitar". E o venres souberon atacar cada mal coa mellor recomendación. Os pacientes acudiron á consulta asombrados e saíron ilusionados cun libro na man. 


Grazas a os doutores e aos pacientes pola súa ilusión e dedicación. 
E grazas a todos os que axudaron a poñer en marcha o CMAL.
Parabéns a todos polo éxito que tivo!

2 comentarios:

  1. Loli Sánchez28 outubro, 2013

    É unha idea estupenda, os libros son unha boa terapia...parabéns pola actividade.

    ResponderEliminar
  2. A idea é boa, a consulta está xenial, pero o mellor foi a posta en escea... Os doutores asumiron con entusiasmo o seu papel. Acudiron á cita moitos pacientes. Causou asombro. E todos temos ganas de repetir.

    Parabéns a todos polo éxito que tivo!

    Vémonos no CMAL o mes que vén?

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.