Nos corredores
había movemento, murmurio e moitos, moitos nervios. Era o gran día! Despois de varias
sesións dedicadas á investigar, seleccionar e procesar a información, chegara o
momento de mostrar o que aprenderamos aos nosos compañeiros.
Preme nas fotos se queres ver máis na galería da páxina web do colexio.
Os maiores baixaron
a primaria e os pequenos subiron a secundaria. Grandes e pequenos compartimos aula, tempo e
coñecementos. Este é o produto da segunda fase do proxecto deste ano.
Agora somos máis ricos porque aprendemos que todos podemos ensinar e aprender dos demais; aprendemos a escoitar, a falar en público e a traballar en equipo. Moitas grazas a todo o profesorado que se implicou nesta bonita actividade.

Que bonita actividade! E canto traballo detrás destas exposicións! Parabéns aos participantes, foi unha actividade preciosa.
ResponderEliminarQue marabilla!! ver a todos os rapaces e rapazas compartindo o aprendido.
ResponderEliminarFelicitacións polo traballo e unha aperta para todos.
Grazas, Mónica, polas túas palabras. É un pracer que visites virtualmente a nosa Quinta, a túa Quinta.
ResponderEliminar