sábado, 22 de marzo de 2014

Visita dos bombeiros

Se estamos a traballar os incendios non nos podemos esquecer deles, dos que participan na súa extinción. Por iso esta semana tivemos unha visita moi especial. Os bombeiros da Guarda viñeron a falarnos do seu traballo. Todas as aulas de primaria saíron ao patio a pasar unha sesión diferente. Se premes na fotografía podes ver máis na páxina web do centro.


Grazas ao concello da Guarda por darlle a oportunidade aos nosos nenos de coñecer de cerca o traballo dos bombeiros. Grazas por participar neste proxecto

1 comentario:

  1. Foi unha actividade moi bonita na que se aprenderon moitas cousas.

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.