mércores, 23 de abril de 2014

Adictos e adictas á lectura

Imos á terapia unha vez ao mes. Reunímonos para falar de libros e compartir o que opinamos sobre eles. Visitamos a biblioteca en busca de novas historias coas que nos entreter. Non podemos entrar nunha libraría sen saír cun libro debaixo do brazo. Temos que confesalo: SOMOS ADICTOS Á LECTURA. Somos os integrantes dos clubs de lectura. 

Pero descubrimos que non estamos sos. Hai más xente coma nós no Rosal. Por iso hoxe os convidamos a vir ao centro para presentarnos en sociedade. 



Oito patrullas lectoras percorremos o colexio. A nosa misión era ler aos nosos compañeiros un fragmento que nos gusta e nos parece especial. A nosa presentación era : Chámome ...., e son adicto a lectura". E así estaba reflectido na pegatina que levaba cada un.


Grazas a todos os que quixeron pasar esta mañá lectora con nós: Ana (enfermeira de pediatría  do Centro de Saúde), Ana (a nosa administrativa), Araceli (traballadora do concello), Carlos (o noso inspector de educación), Carol (libreira do Rosal), Charo (concelleira de cultura), Marcel (director da banda do Rosal) e Nieves (integrante da banda e a nosa limpadora). Grazas por vir ao entro a compartir con nós a vosa paixón pola lectura!



Grazas a todos por agasallarnos coas vosas lecturas!
Feliz Día do libro!

2 comentarios:

  1. Queremos agradecerlle a Carlos que aceptara a nosa invitación. Hoxe veu ao centro a traballar e deixou por uns momentos os papeis para participar cos nosos lectores nesta actividade.
    Grazas a Ana, Ana, Araceli, Carol,Charo, Marcel e Nieves, que tiveron que deixar o seu traballo para vir a ler con nós.
    Grazas aos lectores deste club do que estamos orgullosos.
    E grazas ao equipo técnico que non perderon detalle coas súas cámaras.

    ResponderEliminar
  2. Foi unha actividade preciosa! Gustoume moitísimo!

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.