domingo, 22 de novembro de 2015

A MALETA VIAXEIRA

Comezamos esta semana cunha actividade para Primaria dentro do proxecto da Biblioteca deste ano : “Cidade visible, cidade invisible”.
Preparamos unha maleta viaxeira que estará en cada aula de Primaria durante unha semana, viaxará dende o 16 de novembro ao 4 de marzo. É un bo recurso para coñecer algunhas cidades importantes do mundo. Cada clase vai votar o libro que máis lles gustou dos que van na maleta.
Esta semana tocoulle o turno aos alumnos-as de 1º EP. 








Os alumnos de 1º E.P disfrutaron da maleta viaxeira, gustáronlle moito os libros de “Edificios famosos”, “As grandes cidades do mundo”, pero decidiron que o libro que máis lles gustou foi o titulado Dez cidades e un soño.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.