O xoves, 19 de novembro, visitou a nosa biblioteca o
escritor Francisco Álvarez - Koki. Presentounos o seu libro: Un neno na
emigración. A actividade estivo dirixida ao alumnado de 5º e 6º de EP.
Comezou
a sesión preguntando cantos nenos-as falaban galego e explicando que
había familias na emigración que non lles aprendían galego aos seus
fillos-as, motivo polo que escribiu o seu libro.
Falou da importancia de conservar a nosa lingua.
O alumnado participou activamente, lendo en voz alta o libro do autor en inglés, galego e castelán.
Para rematar houbo un turno aberto de preguntas.
Grazas ao autor por dedicarnos o seu tempo!

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.