A profesora de plástica de secundaria, Elena, viaxou a Canadá no mes de outubro do ano pasado. Estivo durante catro semanas na cidade de Montreal, participando no proxecto de inmersión lingüística PIALE (Programa integral e actividades en linguas estranxeiras) da Xunta de Galicia para profesores de sección bilingüe.
Este mes, e dentro do marco do noso proxecto deste curso, está a
contarnos na biblioteca a súa magnífica experiencia de inmersión na
cultura do Canadá: contounos da escola na que traballou, da maravillosa
familia de acollida coa que viviu e de toda a arte que atopou nas rúas
de Montreal... e todo o tempo falounos en inglés!
Viaxar é a mellor
forma de aprender...!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.