Este luns apareceu en Londres un graffiti
do artista británico Banksy, criticando o uso de gas lacrimóxeno nun
campo de refuxiados.
Trátase do último dunha serie de traballos pintados por este artista do “street art” británico, cuxa identidade permanece rodeada de incógnitas, que
cuestiona a maneira na que Europa xestiona a actual crise de
refuxiados.
A obra, que espertou unha grande expectación,
inclúe un código QR. Ao escanealo cun teléfono móvil pódese ver un vídeo sobre o trato que reciben os refuxiados nese campo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.