domingo, 6 de marzo de 2016

FIN DA VIAXE!


Dende o venres 26 de febreiro ata o venres 4 de marzo, a maleta viaxeira estivo na clase de 6ºB de Educación Primaria.
Traballaron coa maleta na hora de ler.
Descubriron moitos edificios que non coñecían sen moverse do sitio, gustoulles moito o libro sobre Londres porque aprenderon cousas da súa historia e tamén o libro de París.
Pero o libro que máis lles gustou foi “10 ciudades y 1 sueño”.



















A maleta do noso proxecto xa rematou a súa viaxe polas aulas de Primaria do CPI!  Comezou a súa viaxe o 16 de novembro, catro meses levando historias de aula en aula… 

O libro que máis gustou en Primaria foi, sen dúbida, “10 ciudades y 1 sueño”. 

Foi unha experiencia positiva e bonita para todos-as!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.