mércores, 9 de marzo de 2016

Realidade aumentada na quinta

Este ano naceu un novo proxecto. RA na quinta pretende introducir a REALIDADE AUMENTADA no día a día da nosa bibliteca. O alumnado de 4º de PDC traballará na aula dende os ámbitos científico e lingüístico e informática as diferentes propostas e realizará distintas tarefas que daremos a coñecer no blog.



Esta é a nosa primeira achega: a elaboración dun cartel informativo con códigos QR. O obxectivo é dar publicidade aos catro blogs da biblioteca tanto no centro coma no concello.




A partir de mañá comeza a PEGADA DE CARTEIS. Subiremos ao concello a repartilos por diferentes locais. Queremos que os nosos veciños nos coñezan e saiban o que estamos a facer.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.