xoves, 30 de novembro de 2017

Lion emociona na Quinta

O cine, ademais de ser un gran entretemento, é unha ferramenta pedagóxica que facilita a aprendizaxe de valores e permite desenvolver o sentido da crítica.
Lion, o filme que se proxectou hoxe na Quinta, non deixou indiferente a ningún dos 22 alumnos e alumnas que esta tarde quedaron para xantar e ver a película na biblioteca. Unha mestura de emocións reflexábanse nos seus rostros ao remate da xornada.
Pronto volveremos a compartir momentos coma estes:



"Non hai ningunha arte que traspase tanto como o cine, directamente ás nosas emocións e ao fondo da alma"
Ingrid Bergman

mércores, 29 de novembro de 2017

Experiencias científicas na biblioteca

A ciencia está presente no noso día a día. Moitos dos interrogantes da vida cotiá podemos respondelos a través de experiencias científicas.
Este curso coa incorporación do laboratorio como unha dependencia máis da biblioteca, temos a oportunidade de aprender ciencia a través da experimentación, do estudo sinxelo e da observación. 
Nesta ocasión alumnos e alumnas de 4º A de Primaria presentaron dúas experiencias aos nenos e nenas de 2º.


"A erosión e a vexetación"
Exposición realizada por Borja, Nayara, Sheila e Leyre para explicar a través dunha experiencia, como é o desgaste na terra con vexetación e sen ela.



"Erupción dos volcáns"
Experiencia e exposición realizada por Nicolás, Manuel, Laura e Andrés sobre a erupción volcánica.





"Da ciencia depende o futuro do noso planeta e o benestar de todos os seres que o habitan. Coida da ciencia, coida do planeta, coida do teu futuro: é a túa achega, é a nosa obriga."
Peregrina Quintela Estévez

sábado, 25 de novembro de 2017

A Quinta contra a Violencia de Xénero.

No ano 1993 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller. Nela concrétanse os termos que definen a violencia de xénero (danos físicos, psicolóxicos, ameazas ou prohibición da liberdade) tanto na vida pública como na privada. 

Lamentablemente, a violencia de xénero segue estando moi presente na sociedade en todas as súas formas. Os máis novos son claves para erradicar este problema global, e de aí a importancia de realizar actividades que inviten á reflexión, á empatía e a concienciación social.

Mostrámosvos as actividades elaboradas no centro:

Durante o mes de novembro estase desenvolvendo o taller "Igualando", ofertado polo Concello do Rosal para o alumnado de 3º de ESO. O obxectivo é concienciar da necesidade da igualdade como valor para vivir na sociedade, e provocar no alumnado unha reflexión sobre a falta de igualdade existente en moitos contextos cotiás.
 Por que o 25 de novembro é o Día contra a Violencia de Xénero? Alumnos e alumnas de 6º exlplícannolo no seguinte vídeo



 "Respecta o meu NON" foi o lema elexido polo alumnado de 2º de ESO B para reflexionar en voz alta, e que se estendeu a todo o colexio.




Guía de libros e películas para reflexionar e concienciar sobre a situación da muller.



Concurso de Haikus ,organizado polo Concello do Rosal, contra a Violencia de Xénero.



Nós aleitadoras, nós conquistadoras,
brillantes activistas da vida cotiá.
E nós que resistimos a séculos de forza,
e nós as matriarcas do país dun tal Breogán...

(Matriarcas, Guadi Galego)


venres, 24 de novembro de 2017

As mochilas pasan revisión

As mochilas volveron a circular, pero hoxe con maior precaución para evitar un posible aquaplaning. Para iso foi preciso: 
-comprobar o estado das rodas
-evitar frear bruscamente
-levar unha velocidade moderada
Xa están estacionadas nas casas destes once usuarios da Quinta para ser usadas en familia.


" As palabras dos libros son como gotas de chuvia, elexidas para que a nosa mente se encha de pensamentos, escollidas para que o noso corazón recolla un arco da vella de emocións..."
O Principiño

xoves, 23 de novembro de 2017

Carteleira

O vindeiro xoves remataremos o mes cunha sesión de cine para o alumnado de Secundaria. Proxectarase na Quinta dos Libros a película Lion, basada no libro autobiográfico Un largo camino a casa de Saroo Brierley. 
Trátase dunha obra conmovedora, onde o protagonista retorna ao pasado na búsqueda da súa identidade. Unha visión da familia, das raíces e do fogar.


Queredes vivir unha tarde de emocións...?


"Non hai nada máis intenso que o medo a perder a identidade"
Alejandra Pizarnik

martes, 21 de novembro de 2017

Consulta do CMAL

Hoxe volveu abrir o Centro Médico de Asistencia Lectora para atender aos pacientes da Quinta dos Libros que se achegaron á consulta con distintas doenzas literarias. 
Gracias a uns doutores expertos de 4º de ESO A (ver cadro médico no vídeo) que receitaron as menciñas axeitadas, poidemos comprobar unha vez máis, os poderes curativos dos libros.

Pronto poderedes solicitar as citas previas para a próxima consulta do CMAL!

luns, 20 de novembro de 2017

Abre o CMAL

Mañá, durante o recreo, estará aberta a consulta do CMAL para mellorar a vosa saúde lectora.  Acabáronse as doenzas na lingua e as insuficiencias literarias, chega o CMAL para curar calquera mal!

Preme no vídeo para consultar o cadro médico


venres, 17 de novembro de 2017

NUNCA MÁIS

Noé e Dafnis aínda non naceran cando tivo lugar o desastre do Prestige. Pero unha das moitas virtudes que teñen as bibliotecas é que gardan libros moi interesantes ao longo dos anos que nos permiten recordar episodios coma este.

Por iso esta semana, coincidindo co décimo quinto aniversario do afundimento do petroleiro, estes alumnos ,xunto co resto da clase, obtiveron a información necesaria para coñecer a maior catástrofe medioambiental das costas galegas.


"O esforzo dos voluntarios contra a marea negra foi unha onda de solidaridade que inundou, coma o chapapote, as costas de Galicia"
Ana. M. Concejo

xoves, 16 de novembro de 2017

Cine na Quinta

Un total de 52 nenos e nenas de Primaria elixiron como plan,  pasar a tarde na Quinta dos Libros para ver a proxección dun filme de animación.
O ver a película nunha pantalla grande e o feito de compartila cos compañeir@s, fixo que se crease unha maxia especial no ambiente, ao mesmo tempo que supuxo unha experiencia social moi importante.
Vistas as caras de emoción coas que saían, aseguramos que haberá máis sesións de cine proximamente...



"O cine fainos sentir, pensar e soñar"
Dinya Pedraza

mércores, 15 de novembro de 2017

Demostración tecnolóxica

A biblioteca, unha vez máis, converteuse nun lugar de aprendizaxe. Os usuarios puideron achegarse á tecnoloxía gracias a Pablo, profesor de Secundaria, que trasladou á Quinta dos Libros as últimas innovacións de robótica educativa e impresión 3D.


"A educación é a base do progreso"
María Moliner

martes, 14 de novembro de 2017

A ciencia e tecnoloxía na biblioteca

Seguimos coas actividades do Mes da Ciencia. Hoxe foi o alumnado de 2º de Primaria de visita ao laboratorio de Secundaria. Ramón ,profesor de Bioloxía, estivo resolvendo todas as dúbidas que tiñan sobre o mantemento e funcionamento do acuario.
Que atentos estaban...!


Moitas gracias, Ramón!

E mañá, durante o recreo...
Esperámosvos a tod@s na biblioteca!

luns, 13 de novembro de 2017

Entrevista a Camino Casabella

Camino Casabella estivo estas últimas semanas impartindo E. Plástica e Visual ao alumnado de Secundaria. Cando nos contou o proxecto que desenvolve, non quixemos perder a ocasión de compartilo a través do blog.
O seu labor consiste en dar a coñecer, a través da pintura, da cerámica e serigrafía, a mulleres reais, traballadoras e sobre todo ilustrar ás mulleres que loitaron polos seus dereitos ao longo da historia.
Moitos dos obxectivos do seu traballo coinciden coas liñas propostas do noso proxecto de centro ELLA.
Gracias por compartilo con nós. Alegrámonos de que haxa iniciativas como esta.


"Non hai barreira, cerradura nin ferrollo que poidas impoñer á liberdade da miña mente"
Virginia Woolf

venres, 10 de novembro de 2017

Sesión de cine

O vindeiro xoves ,16 de novembro, haberá sesión de cine na Quinta dos Libros para o alumnado de Primaria. Para asistir só tes que cubrir a autorización e entregala á titora antes do mércores 15 de novembro.


Por outra banda, as mochilas viaxeiras fan honor ao seu nome e volven de ruta pola nosa localidade.

"O ser humano necesita a cultura para vivir e soñar"
Alicia Alonso 

xoves, 9 de novembro de 2017

ELLA: Hedy Lamarr

Hoxe, 9 de novembro, celébrase o Día Internacional do Inventor en homenaxe á actriz e inventora Hedy Lamarr. É precisamente a figura que o alumnado de 2º de ESO está a investigar na área de Tecnoloxía, a raíz do proxecto de centro ELLA.


A continuación mostramos o vídeo que elaboraron sobre a vida desta pioneira no mundo da telecomunicación.


"Toda a xente creativa busca facer o inesperado"
Hedy Lamarr

mércores, 8 de novembro de 2017

Recomendación científica

Seguimos coas actividades encamiñadas a achegar a ciencia en galego á comunidade educativa.
Nesta ocasión é Andrés, profesor de Lingua Castelá de Secundaria, quen nos anima a ler un libro que abrangue aspectos científicos e ecolóxicos, con ilustracións de árbores de todo o mundo.


Moitas grazas por colaborar!




" Canto máis nos concentremos nas marabillas e realidades do mundo que nos rodea, menos gusto encontraremos en destruílo"
Rachel Carson

Conferencia na Quinta


O alumnado de 4º de ESO recibiu unha charla moi interesante na nosa biblioteca por parte de Andrea, Eva, Angelina e Moncho, integrantes do Colectivo Carballas. Elas foron alumnas do noso CPI e Moncho foi mestre no noso colexio e agora é mestre no CRA.
Falaron dos estereotipos sexistas na sociedade actual, nos medios, na publicidade e como, desde pequenos estamos influenciados pola marca neno-nena asociada ás cores, aos xoguetes ou ao xeito de referirnos ás mulleres e aos homes.


Moitas grazas por visitar a Quinta dos libros e por facernos ver que entre todos e todas podemos cambiar a sociedade



"Vostede non pode esperar construír un mundo mellor sen mellorar ás persoas. Cada un de nós debe traballar para a súa propia mellora"
Marie Curie

martes, 7 de novembro de 2017

Mes da ciencia en galego nas bibliotecas.


Novembro é o mes que adicamos , dende as bibliotecas escolares,  a promover o gusto polo pensamento científico e a aprendizaxe manipulativa.
A matemática galega Peregrina Quintela Estévez foi a encargada de redactar o manifesto para dar comezo a esta campaña de impulso das ciencias.

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/
Como moitos de vós saberedes, durante este curso habilitamos un espazo máis na Quinta dos libros. Trátase do laboratorio de primaria, un lugar a través do cal pretendemos despertar a curiosidade pola investigación e experimentación, ademais de lograr unha maior integración das ciencias na biblioteca e, en difinitiva, na vida escolar.



Non perdades de vista o blog, porque iremos publicando as actividades que realizaremos os vindeiros días para promover esta disciplina.


"Construír ciencia é poñer a lupa sobre o que xa se coñece, identificar o aplicable ao noso soño e intentar completar as pezas que faltan do crebacabezas con novas ideas que, como non, deben ser verificadas; trátase dun proceso creativo que require paixón antes os desafíos e moito traballo"
Peregrina Quintela Estévez



venres, 3 de novembro de 2017

Ampliamos catálogo

Que mellor maneira hai de pasar unha tarde chuviosa, que cun bo libro na man...?
Xa están á vosa disposición, as últimas adquisicións da nosa biblioteca.
Dende obras xuvenís como Pulsaciones ou Xoel aprendeu a voar ata novas adaptacións de clásicos da literatura como La odisea, Romeo y Julieta ou La casa de Bernarda Alba .

Visítanos e elixe o libro que se adapte os teus gustos.
Nós, mentres tanto, non perdemos de vista as novidades editoriais para seguir ampliando o fondo da Quinta dos libros.

"A páxina é un espello que me garda a consideración de non reflexarme, senón de ceder o sitio á protagonista da miña lectura"
Rosario Castellanos